HOXE APARECEU NA NOSA AULA UN SOBRE CON INSTRUCCIÓNS DA BIBLIOBN (PARA IR A LER EN PAZ NA BIBLIOTECA) E UN CARNÉ (ONDE RECOLLEREMOS O NÚMERO DOS LIBROS LIDOS CADA DÍA), E QUE DEBEREMOS PRESENTAR O DÍA DA PAZ.
A partir da saida ao museo Abanca Fundación, fixemos un taller artístico sobre un sinxelo bodegón, creado polos nenos e nenas con algunhas das súas merendas. Representar graficamente tres elementos reais (mesa, iogur e plátano), dende diferentes perspectivas, traballo das proporcións, tamaño e cor. Finalmente entre todos e todas pensamos un título: “PLÁTANO IOGUR”, que rexistramos no caderno de arte. Aquí compartimos o proceso e bodegóns finais.
Este curso os aniversarios na aula terán un espazo especial. Unha carta da familia ao neno/a que estea de aniversario, fotos por cada ano de vida, e un agasallo persoal no noso caderno de bitácora (un debuxo personalizado do cumpleañero/a e unha palabra bonita que o represente).
Esta semana acudimos a BiblioBn a procurar información do que máis nos intrigou do noso proxecto Terra=BN3: os órganos do noso corpo. E é que a partir dunhas imaxes na asamblea sobre diferentes órganos, centramos a búsqueda de información en 4 órganos: corazón, pulmóns, estómago e cerebro.
Comentarios
Publicar un comentario