Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOBN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BIBLIOBN. Mostrar todas las entradas

lunes, 9 de marzo de 2026

8M A TRAVÉS DAS NOSAS TRANSMISORAS

 TODO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR E  DAR VALOR AS NOSAS TRANSMISORAS, PERO ESTA SEMANA NA BIBLIO BN FACEMOS UNHA PEQUENA ENTREVISTA A ALGUNHA DELAS

PREME NA IMAXE PARA VELO TODO



domingo, 8 de febrero de 2026

PROXECTO A MÁQUINA DO TEMPO 2ºTRIMESTRE: AS TRANSMISORAS DO TEMPO

 DESPOIS DE INVESTIGAR AO REDOR DE OBXECTOS DO PASADO NESTE TRIMESTRE CENTRARÉMONOS NA TRANSMISIÓN ORAL DAS NOSAS MAIORES.

A TRAVÉS DELAS AFONDAREMOS NESES OBXECTOS DO PASADO, XOGOS TRADICIONAIS, VESTIMENTAS, COSTUMES... E MOITOS SABERES QUE ELAS GARDAN

E PARA ARRINCAR DUN XEITO MÁIS SIGNIFICATIVO XUNTÁMONOS NA NOSA BIBLIOTECA PARA ESCOITAR A REPRESENTACIÓN DO CONTO "O NOBELO DE NENUCA" DE IRENE ALONSO

PINCHA NA IMAXE PARA VELO


E DESPOIS COMEZARON A CHEGAR AS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS A PARTIR DAS CALES ESTAMOS A TRABALLAR NA AULA.


MOITAS GRAZAS POLAS APORTACIÓNS!
E OS QUE AÍNDA NON O FIXERADES... ESTADES A TEMPO DE ENVIALAS


viernes, 23 de enero de 2026

PRÉSTAMO SEMANAL NA AULA ROSA: Así o facemos

 CÓMO O FACEMOS?

TÓDOLOS VENRES LEVAMOS UN CONTO EN PRÉSTAMO PARA LER NA CASA

ESE PRÉSTAMO É FEITO POLAS NENAS E NENOS DUN XEITO CADA VEZ MÁIS AUTÓNOMO

1º CADA UN BUSCA A SÚA BOLSA FIXÁNDOSE NA FOTO E NOME

2º CADA NENA E NENO ESCOLLE LIBREMENTE UN LIBRO DA EXPOSICIÓN

BUSCAMOS O NÚMERO DO LIBRO NO NOSO REXISTRO DE NÚMEROS 

(cada neno e nena conta cun rexistro individual con tódolos números dos contos ata os 30 rexistrados, e a única consigna é que non se pode repetir)

4º UNHA VEZ ATOPADO O NÚMERO POÑEN UN GOMET E SELAMOS A DATA

(co fin de saber cal levamos xa, e non repetir para a próxima vez)

5º GARDAMOS O LIBRO NA NOSA BOLSA E COLGAMOS NA NOSA PERCHA



ESPERAMOS QUE NA CASA DESFRUTEDES DA ACTIVIDADE E ENTENDADES QUE ADEMÁIS DA IMPORTANCIA DA LECTURA EN FAMILIA TAMÉN VALOREDES O SEU ESFORZO NA ESCOLLA, BÚSQUEDA DO NÚMERO, SELADO... 

TRABALLANDO ASÍ A ATENCIÓN, CONTEO, NUMERCIÓN... DUN XEITO MÁIS AMENO, DIVERTIDO E CUN FIN MOTIVANTE QUE SERÁ LEVAR O CONTO PARA CASA A FIN DE SEMANA.

BOAS LECTURAS E BOA FIN DE SEMANA!

jueves, 23 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: O SEGUNDO TELÉFONO

SEGUIMOS COA INVESTIGACIÓN, ESTA SEMANA "O PETO" PRESENTÓUNOS O TELÉFONO DE GRAHAM BELL, O SEGUNDO TELÉFONO QUE XA COMUNICABA LUGARES MÁIS ALONXADOS




PARA REPRODUCIR ESTE TELÉFONO UTILIZAMOS DOUS EMBUDOS E UN TUBO CORRUGADO, E SÍ, SE ESCOITABA MOITO MILLOR
PENSANDO E FALANDO CHEGAMOS A IDEA DE QUE ESTES TELÉFONOS NON TIÑAN NÚMEROS, ENTÓN.... CÓMO FACÍAN?
SEGUIREMOS INVESTIGANDO!
POR OUTRA BANDA, ENTRE TÓDALAS CLASES ESTAMOS A CREAR O NOSO "HIT" DO PROXECTO, AFIANZANDO A TRAVÉS DA MÚSICA TODO O TRABALLADO.

POR SE ALGUNHA OU ALGÚN CANTA NA CASA A CANCIÓN COMEZA...
"TIC, TIC, TIC... A MÁQUINA DO TEMPO"


viernes, 17 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: COMEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN POLO TELÉFONO

 A NOSA MISTERIOSA MASCOTA, O PETO, SEMPRE NOS DEIXA SORPRESAS QUE INVITAN A INVESTIGAR E PENSAR

DESPOIS DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO ESTA SEMANA ATOPÁMONOS ISTO


"O PETO" DEIXÓUNOS UNHAS IMAXES ANTIGAS E DIFERENTES OBXECTOS

ISTO LEVOUNOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE A IMAXE ERA DO PRIMEIRO TELÉFONO, "O TELETRÓFONO OU TELETRÓFONI" INVENTADO POR ANTONIO MEUCCI. 

SIMULAMOS O SISTEMA A TRAVÉS DO EXPERIMENTO DE DOUS VASOS E UNHA CORDA, E SÍ, FUNCIONABA!

POR ÚLTIMO REFLEXAMOS O TRABALLADO NO PAPEL IDENTIFICANDO E PEGANDO A VOGAL "O"

POR DETRÁS DE TÓDOLOS TRABALLOS REPRESENTAMOS O NOSO NOME 

A SEGUIR INVESTIGANDO!

POR SE VOS APETECE AQUÍ DEIXO UN VÍDEO EXPLICATIVO DA EVOLUCIÓN DO TELÉFONO PARA NEN@S

martes, 1 de octubre de 2024

BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN NA BIBLIOBN


Esta semana acudimos a BiblioBn a procurar información do que máis nos intrigou do noso proxecto Terra=BN3: os órganos do noso corpo. E é que a partir dunhas imaxes na asamblea sobre diferentes órganos, centramos a búsqueda de información en 4 órganos: corazón, pulmóns, estómago e cerebro.
 



sábado, 8 de junio de 2024

Perigo!...Natureza: As abellas

Levamos un tempo a investigar as abellas, na biblio, internet, na saída a casa das abellas...
Despois desta investigación, na aula, estamos a facer algún traballo que recolla as nosas aprendizaxes.
Aquí deixámosvos unha delas, coma é unha colmea e que hai en cada celda: ovos, larvas, abellas a punto de nacer, mel, etc








 

viernes, 20 de octubre de 2023

miércoles, 11 de octubre de 2023

Bechos no parque!

 O parque é o noso mellor recurso, xa que nel estamos a topar un montón de bechos moi interesantes.

Tentamos fotografar e escanear para descubrir as diferentes especies.
Xa na clase algúns deciden investigar, e para iso botamos man do Inventario de insectos de Kalandraka.

lunes, 9 de octubre de 2023

EncontXos BN: Que é ese becho?

Así comezou o nos Proxecto
Quen é ese becho?
De lunares, a raias, con cen pés… tan diferentes pero especiais coma cada un de nós, así son estes bechos cos que arrinca o noso PDI
A profe Lara e o profe Juan puxeron voz e música a este conto de kalandraka cantado por Paco Nogueiras 



Anímaste a coñecer un pouco máis da nosa contorna?
Perigo! Natureza



viernes, 2 de diciembre de 2022

NUEVO RINCÓN: LOS DINOSAURIOS

Nuevo rincón de juego y trabajo en nuestra aula, montado a partir de libros y materiales que los niños y niñas han recopilado en nuestra BiblioBn y en el Espazo Fedelleiro: un telescopio, lupas, dinosaurios, libros informativos, cuentos... 

Por otra parte, nos gustaría pedir vuestra ayuda y colaboración: si tenéis cualquier material relacionado con los dinosaurios que nos podáis prestar para enriquecer nuestro rincón de aula, estaremos muy agradecidos (cuentos, juegos, libros, juguetes, puzles... cualquier material que veáis que nos puede ser útil para dar comienzo a nuestra investigación).

viernes, 20 de mayo de 2022

Instalación espacial III

Seguimos recreando e imaxinando o Espazo e para iso Barri preparou esta nova instalación artística coa que puidemos imaxinar, crear e recrear, a través do xogo libre e a manipulación, ademáis de experimentar coa luz e os seus efectos.


Creamos e imaxinamos naves espaciais, cohetes, ovnis, extraterrestres e incluso... O Principiño!




martes, 10 de mayo de 2022

#BARRIONAUTAS E ASTRONOVOS: EXPERIMENTO "OS ANEIS DE SATURNO"

 HOXE BARRI NA BIBLIOBN TÍÑANOS PREPARADO UN NOVO EXPERIMENTO PLANETARIO. DESPOIS DE ACHEGARNOS, E FALAR DO QUE VIAMOS, CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE QUE PODERÍA SER SATURNO.

AS PEDRAS SERÍAN OS SEUS SATÉLITES, QUE SABIAMOS QUE ERAN ROCHOSOS, PERO... PORQUÉ CANDO OS VEMOS PARECEN ANEIS?

IMOS A COMPROBALO!

PARECE QUE XIRA!

DESPOIS RECORDAMOS A INFORMACIÓN DE SATURNO, DO BLOGUE DA BIBLIOBN, NO APARTADO DE RECURSOS, QUE A DIARIO NAS RUTINAS CONSULTAMOS


E COMA SEMPRE ESCRIBIMOS A INFORMACIÓN