Mostrando entradas con la etiqueta #PerigoNatureza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #PerigoNatureza. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de junio de 2024

Perigo!...Natureza: As abellas

Levamos un tempo a investigar as abellas, na biblio, internet, na saída a casa das abellas...
Despois desta investigación, na aula, estamos a facer algún traballo que recolla as nosas aprendizaxes.
Aquí deixámosvos unha delas, coma é unha colmea e que hai en cada celda: ovos, larvas, abellas a punto de nacer, mel, etc








 

jueves, 21 de marzo de 2024

Día das árbores e a poesía no Monticaño

 Hoxe celebramos o Día das árbores e a poesía Cunha xornada de investigación no Monticaño

Comezamos cunha asamblea cantada para despois, por clases, ir de ruta en busca de tesouros, árbores, prantas… que despois seguiremos a investigar nas aulas

Paramos para merendar e xogar e rematamos a xornada cunha poesía adicada a primaveira, que deu comezo onte


Durante o percorrido reconocemos Piñeiros, Carballos, abetos, Plátano de sombra, Camelias...


Tamén pudimos achegarnos ata os invernadoiros


Aprendimos un montón de cousas que seguiremos a traballar na aula

Día da árbore aula rosa from biblio BN on Vimeo.

lunes, 18 de marzo de 2024

Grafocreativa: Camelias

Unha das actividades ao redor da investigación das camelias foi esta fabulosa grafocreativa.
Así quedaron as nosas camelias! 



 

lunes, 16 de octubre de 2023

E co millo recollido...

E co millo que nos deron na horta de Ramón o outro día estamos a esfollar, debullar e moer

Coma ben di a canción... Se pan de millo vas merendar mira o traballo que hai detrás!

E despois? Que faremos? Estade ben atentos!

viernes, 13 de octubre de 2023

Se pan de millo vas merendar

Onte os tíos de Ainara e Leire (ex alumnas da nosa escola) invitáronnos a ver coma recollían o millo e máis Cabazas na súa horta.
Con eles aprendimos novas cousas da horta e máis puidemos levar millo e cabazas para decorar polo Samaín.
Grazas Familia!!


Na clase seguiremos a investigar sobre estos productos da horta
A nosa contorna máis próxima está a ser a base do noso Proxecto
Por último recordamos e cantamos a canción “Pan de Millo” de Migallas

miércoles, 11 de octubre de 2023

Bechos no parque!

 O parque é o noso mellor recurso, xa que nel estamos a topar un montón de bechos moi interesantes.

Tentamos fotografar e escanear para descubrir as diferentes especies.
Xa na clase algúns deciden investigar, e para iso botamos man do Inventario de insectos de Kalandraka.

lunes, 9 de octubre de 2023

EncontXos BN: Que é ese becho?

Así comezou o nos Proxecto
Quen é ese becho?
De lunares, a raias, con cen pés… tan diferentes pero especiais coma cada un de nós, así son estes bechos cos que arrinca o noso PDI
A profe Lara e o profe Juan puxeron voz e música a este conto de kalandraka cantado por Paco Nogueiras 



Anímaste a coñecer un pouco máis da nosa contorna?
Perigo! Natureza