viernes, 23 de enero de 2026

PRÉSTAMO SEMANAL NA AULA ROSA: Así o facemos

 CÓMO O FACEMOS?

TÓDOLOS VENRES LEVAMOS UN CONTO EN PRÉSTAMO PARA LER NA CASA

ESE PRÉSTAMO É FEITO POLAS NENAS E NENOS DUN XEITO CADA VEZ MÁIS AUTÓNOMO

1º CADA UN BUSCA A SÚA BOLSA FIXÁNDOSE NA FOTO E NOME

2º CADA NENA E NENO ESCOLLE LIBREMENTE UN LIBRO DA EXPOSICIÓN

BUSCAMOS O NÚMERO DO LIBRO NO NOSO REXISTRO DE NÚMEROS 

(cada neno e nena conta cun rexistro individual con tódolos números dos contos ata os 30 rexistrados, e a única consigna é que non se pode repetir)

4º UNHA VEZ ATOPADO O NÚMERO POÑEN UN GOMET E SELAMOS A DATA

(co fin de saber cal levamos xa, e non repetir para a próxima vez)

5º GARDAMOS O LIBRO NA NOSA BOLSA E COLGAMOS NA NOSA PERCHA



ESPERAMOS QUE NA CASA DESFRUTEDES DA ACTIVIDADE E ENTENDADES QUE ADEMÁIS DA IMPORTANCIA DA LECTURA EN FAMILIA TAMÉN VALOREDES O SEU ESFORZO NA ESCOLLA, BÚSQUEDA DO NÚMERO, SELADO... 

TRABALLANDO ASÍ A ATENCIÓN, CONTEO, NUMERCIÓN... DUN XEITO MÁIS AMENO, DIVERTIDO E CUN FIN MOTIVANTE QUE SERÁ LEVAR O CONTO PARA CASA A FIN DE SEMANA.

BOAS LECTURAS E BOA FIN DE SEMANA!

viernes, 19 de diciembre de 2025

 ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO NA AULA ROSA

Durante estas semanas ademais de coñecernos e readaptarnos ás rutinas cos cambios que se produciron, estivemos a rematar a nosa investigación sobre os teléfonos, descubrindo teléfonos de cable e tamén teléfonos que xa se podían mover dun lugar a outro da casa como os inalámbricos para chegar aos actuais teléfonos móbiles que podemos trasladar dun lugar a outro.

Seguidamente, coa axuda da mestra Paula que tivo unhas ideas xeniais, investigamos sobre a cámara de fotos. Ollamos cámaras de diferente tipo e experimentamos coa misteriosa cámara escura, coa que poidemos xogar no exterior da escola e descubrir que por ela as imaxes saen ao revés.

 Despois rexistramos a información e tamén aprendemos e comparamos as letras da palabra cámara con algunhas do noso nome ou do nome dos amigos e amigas da aula.

 Foi unha experiencia moi divertida. Gracias á profe Paula por coidarnos acompañarnos e traernos tan boas ideas.




Tamén estivemos a facer traballiños relacionados co Nadal, puxemos entre todos a árbore e nela puidemos sacar fotos que despois empregamos para as nosas postais e cámara de fotos persoal.

Decoramos boliñas de Nadal e árbores con pompóns de cores, traballando así a nosa motricidade fina e a diferenciación das cores.

 Para rematar esta festividade visitounos o Apalpador, pensamos que nos ía dar medo pero era tan divertido todo o que nos contaba que foi unha xornada super divertida.

 O último día demos remate ás celebracións coa nosa panxoliña do Reno Rodolfo e coa degustación da merenda de churros con chocolate en familia. Foi un día moi especial.

 Felices Vacacións!!



lunes, 3 de noviembre de 2025

A AULA ROSA COMEZA A ROTAR POLOS AMBIENTES DE APRENDIZAXE

 DENDE SETEMBRO NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR POR AMBIENTES DE APRENDIZAXE. DESPOIS DOS RECREOS, EN GRUPOS MIXTOS, @S NEN@S ROTAN SEMANALMENTE POR ELES.

A AULA ROSA TODAVÍA NON COMEZARA NESTA AVENTURA PERO A SEMANA PASADA FOI O SEU ESTREO, UN ESTREO CON GRAN ÉXITO.

EN GRUPOS DE 5 ROTARÁN SEMANALMENTE POLOS 4 AMBIENTES:

-FEDELLEIRO (Espazo Fedelleiro)

Experimentamos e fedellamos cos obxectos antigos que estamos a investigar: lavamos a roupa. moemos e peneiramos fariña, moemos café, cambiamos pilas...


-LÓXICA E ARQUITECTURA (Aula laranxa)

Traballamos con diferentes figuras xeométricas e construímos con elas


-LECTOESCRITURA E ARTE (Aula azul)

Xogamos e afondamos no mundo das letras a través do arte, modelado, na máquina de escribir...

-VIDA PRÁCTICA (Aula rosa)

Traballamos habilidades motrices, sociais, autonomía, responsabilidade, coidado do medio ambiente, corresponsabilidade... a través de actividades da vida cotiá: tendido de roupa, doblado calcetíns, traballo coas ferramentas, xogo simbólico (coidado de bebés, cociñar...)





jueves, 23 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: O SEGUNDO TELÉFONO

SEGUIMOS COA INVESTIGACIÓN, ESTA SEMANA "O PETO" PRESENTÓUNOS O TELÉFONO DE GRAHAM BELL, O SEGUNDO TELÉFONO QUE XA COMUNICABA LUGARES MÁIS ALONXADOS




PARA REPRODUCIR ESTE TELÉFONO UTILIZAMOS DOUS EMBUDOS E UN TUBO CORRUGADO, E SÍ, SE ESCOITABA MOITO MILLOR
PENSANDO E FALANDO CHEGAMOS A IDEA DE QUE ESTES TELÉFONOS NON TIÑAN NÚMEROS, ENTÓN.... CÓMO FACÍAN?
SEGUIREMOS INVESTIGANDO!
POR OUTRA BANDA, ENTRE TÓDALAS CLASES ESTAMOS A CREAR O NOSO "HIT" DO PROXECTO, AFIANZANDO A TRAVÉS DA MÚSICA TODO O TRABALLADO.

POR SE ALGUNHA OU ALGÚN CANTA NA CASA A CANCIÓN COMEZA...
"TIC, TIC, TIC... A MÁQUINA DO TEMPO"


viernes, 17 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: COMEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN POLO TELÉFONO

 A NOSA MISTERIOSA MASCOTA, O PETO, SEMPRE NOS DEIXA SORPRESAS QUE INVITAN A INVESTIGAR E PENSAR

DESPOIS DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO ESTA SEMANA ATOPÁMONOS ISTO


"O PETO" DEIXÓUNOS UNHAS IMAXES ANTIGAS E DIFERENTES OBXECTOS

ISTO LEVOUNOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE A IMAXE ERA DO PRIMEIRO TELÉFONO, "O TELETRÓFONO OU TELETRÓFONI" INVENTADO POR ANTONIO MEUCCI. 

SIMULAMOS O SISTEMA A TRAVÉS DO EXPERIMENTO DE DOUS VASOS E UNHA CORDA, E SÍ, FUNCIONABA!

POR ÚLTIMO REFLEXAMOS O TRABALLADO NO PAPEL IDENTIFICANDO E PEGANDO A VOGAL "O"

POR DETRÁS DE TÓDOLOS TRABALLOS REPRESENTAMOS O NOSO NOME 

A SEGUIR INVESTIGANDO!

POR SE VOS APETECE AQUÍ DEIXO UN VÍDEO EXPLICATIVO DA EVOLUCIÓN DO TELÉFONO PARA NEN@S

miércoles, 15 de octubre de 2025

PLURIINFANTIL

 Ao longo deste curso, nas sesións de inglés, nalgúns patios e nalgunhas horas de ámbitos, acompañaranos Isabel, a nosa auxiliar de conversa procedente de California.

Benvida, Isabel!






lunes, 13 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO COMEZA A SÚA VIAXE

 O pasado luns deu comenzo o PROXECTO deste curso cunha presentación sensorial na BiblioBn

O tic-tac do reloxo e Ramona Órbita foron as protagonistas

“Ramona” acudiu ás aulas para invitarnos ao evento


Xa na Biblio o tempo foi pasando e obxectos do pasado foron emerxendo 


Nas clases poderemos investigar: cómo se inventaron, a súa evolución, uso, etc.

Algúns deles tamén pasarán a formar parte dos nosos ambientes de aprendizaxe.

Ao día seguinte acudimos á biblio a escoller o noso obxecto a investigar.


Os elexidos foron o teléfono e a cámara de fotos

Arrincamos! Subes!