Mostrando entradas con la etiqueta Pedagoxías Flexibles. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pedagoxías Flexibles. Mostrar todas las entradas

lunes, 3 de noviembre de 2025

A AULA ROSA COMEZA A ROTAR POLOS AMBIENTES DE APRENDIZAXE

 DENDE SETEMBRO NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR POR AMBIENTES DE APRENDIZAXE. DESPOIS DOS RECREOS, EN GRUPOS MIXTOS, @S NEN@S ROTAN SEMANALMENTE POR ELES.

A AULA ROSA TODAVÍA NON COMEZARA NESTA AVENTURA PERO A SEMANA PASADA FOI O SEU ESTREO, UN ESTREO CON GRAN ÉXITO.

EN GRUPOS DE 5 ROTARÁN SEMANALMENTE POLOS 4 AMBIENTES:

-FEDELLEIRO (Espazo Fedelleiro)

Experimentamos e fedellamos cos obxectos antigos que estamos a investigar: lavamos a roupa. moemos e peneiramos fariña, moemos café, cambiamos pilas...


-LÓXICA E ARQUITECTURA (Aula laranxa)

Traballamos con diferentes figuras xeométricas e construímos con elas


-LECTOESCRITURA E ARTE (Aula azul)

Xogamos e afondamos no mundo das letras a través do arte, modelado, na máquina de escribir...

-VIDA PRÁCTICA (Aula rosa)

Traballamos habilidades motrices, sociais, autonomía, responsabilidade, coidado do medio ambiente, corresponsabilidade... a través de actividades da vida cotiá: tendido de roupa, doblado calcetíns, traballo coas ferramentas, xogo simbólico (coidado de bebés, cociñar...)





viernes, 30 de mayo de 2025

Ambito Artístico Maio

As creacións libres sobre xornal con pincel e acuarelas ou témpera, así como unha creación artística grupal co Borranchobot (sesión iniciada a partir dunha sesión previa co alumnado por parte dun taller que se levou a cabo grazas a Biblioteca Creativa) foron as propostas introducidas no mes de Maio. 


lunes, 28 de abril de 2025

Ámbito Artístico Abril

Ao longo do mes de abril tiveron lugar varias propostas: mesa de luz con material non estructurado, debuxo de elementos reais e escritura do seu nome, recuncho artístico dotado de materiais variados para creacións libres, e introdución dun novo robot: Matatalab (Polos Creativos).


viernes, 28 de marzo de 2025

Ámbito Artístico Marzo

No mes de Marzo xerouse un recuncho para a presentación dun novo robot (Polos Creativos): o intelino, que se combinou con propostas de arte e acuarelas.



jueves, 27 de febrero de 2025

lunes, 30 de diciembre de 2024

Ámbito Artístico Xaneiro

No mes de Xaneiro achegámonos a arte e a lecto-escritura da man dun único material: o xornal. 
Os nenos e nenas podían buscar, recortar, pegar e decorar imaxes atopadas libremente nos xornais, con témperas sólidas e rotuladores. 
Crearon historias e ata houbo alumnado que se animou a escribir e transcribir ideas propias e dos compañeiros/as.