POSTAIS SOLIDARIAS
Como vimos facendo nos últimos anos, colaboramos co Centro Comercial Aberto de Arteixo na súa campaña por UN NADAL SOLIDARIO. Nela participamos os centro educativos e veciños, decorando postais que se expoñerán nos comercios para que o público e as familias as recollan a cambio de alimentos non perecedoiros. Ademáis por cada postal recollida Arteixo CCA donará 0,15 € a Cáritas para a compra de alimentos frescos. Como este ano estamos co proxecto #somosdemonte, a decoración das nosas postais a fixemos cun elemento natural moi noso: unha rama de piñerio, e con papeis troquelados. O primerio que fixemos foi escribir o nos nome, clase e nome do centro. Despois pintamos o fondo da postal utilizando a rama do piñeiro como un pincel. Por último troquelamos diferentes papeis e os pegamos libremente sobre o noso fondo.