Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2023

E na Biblio...

Imagen
 Martes Poesía Express (Preme na imaxe) Luns "Tarde en Familia" (Preme na imaxe)

E de merenda... SANDÍA

Imagen
E coas sandías que nos trouxeron da horta... Merendamos nas clases

E co millo recollido...

Imagen
E co millo que nos deron na horta de Ramón o outro día estamos a esfollar, debullar e moer Coma ben di a canción... Se pan de millo vas merendar mira o  traballo que hai detrás! E despois? Que faremos? Estade ben atentos!

Se pan de millo vas merendar

Imagen
Onte os tíos de Ainara e Leire (ex alumnas da nosa escola) invitáronnos a ver coma recollían o millo e máis Cabazas na súa horta. Con eles aprendimos novas cousas da horta e máis puidemos levar millo e cabazas para decorar polo Samaín. Grazas Familia!! Na clase seguiremos a investigar sobre estos productos da horta A nosa contorna máis próxima está a ser a base do noso Proxecto Por último recordamos e cantamos a  canción “Pan de Millo” de Migallas

Bechos no parque!

Imagen
  O parque é o noso mellor recurso, xa que nel estamos a topar un montón de bechos moi interesantes. Tentamos fotografar e escanear para descubrir as diferentes especies. Xa na clase algúns deciden investigar, e para iso botamos man do Inventario de insectos de Kalandraka.

EncontXos BN: Que é ese becho?

Imagen
Así comezou o nos Proxecto Quen é ese becho? De lunares, a raias, con cen pés… tan diferentes pero especiais coma cada un de nós, así son estes bechos cos que arrinca o noso PDI A profe Lara e o profe Juan puxeron voz e música a este conto de kalandraka cantado por Paco Nogueiras   https://kalandraka.tv/gl/videos/quen-e-ese-becho/ Anímaste a coñecer un pouco máis da nosa contorna? Perigo! Natureza