SANDRA EXPLICOUNOS CON QUÉ FACÍAN OS HOMES PREHISTÓRICOS AS PINTURAS RUPESTRES NAS SÚAS COVAS. TAMÉN TROUXO UN MAMUT QUE A TODOS LLES FASCINAN. QUÉ INTERESANTE! MOITAS GRAZAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS!
Tralas investigacións aportadas polas familias, fixemos dous pequenos obradoiros na aula rosa. Por unha parte, aproveitando teas ou sábanas que pedimos ás familias, elaboramos o noso patrón, primeiro marcando con rotulador, e logo recortando e probando. os prehistóricos vestían coas peis dos animais que cazaban, que primeiro secaban, e logo cosían. Por outra banda, baixamos a aula azul, e fixemos en pequenos grupos un taller de barro, onde os nenos e nenas maiores do cole nos explicaron como se facían as boliñas para os colares, ás que podíamos darlle forma de dente... de pedra... de cuncha... pois eran os elementos da natureza que os prehistóric@s empregaban para porse guapos e guapas. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do traballo de dúas semanas.
Hoxe, unha tribu prehistórica invadiu Barrionovo! Que bo rato pasamos e canto se esforzaron os nenos e nenas en elaborar a súa vestimenta e complementos. E aquí vos deixamos unha mostra de guapos e guapas que estaban.
muchas gracias maria,me encanta lo q le va a gustar verse en el cole cuando sea mayor.........
ResponderEliminar