A roda da palabra: os agradecementos

Este curso estamos a formar parte dun Plan de Formación en centros no cal unha das liñas de traballo xira ao redor da Disciplina positiva e da importancia de traballar e validar as emocións. Dentro do mesmo un dos primeiros retos será implementar nas aulas a roda da palabra, na que traballaremos os agradecementos a un ou varios compañeir@s. Respetando o turno de palabra (que nos dará unha pelota) iremos agradecendo e destacando algo positivo. Esta roda de agradecementos será o punto de partida cara unha roda de resolución de conflictos, búsqueda de solucións, acordos... que melloren o noso día a día na aula.