lunes, 3 de noviembre de 2025

A AULA ROSA COMEZA A ROTAR POLOS AMBIENTES DE APRENDIZAXE

 DENDE SETEMBRO NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR POR AMBIENTES DE APRENDIZAXE. DESPOIS DOS RECREOS, EN GRUPOS MIXTOS, @S NEN@S ROTAN SEMANALMENTE POR ELES.

A AULA ROSA TODAVÍA NON COMEZARA NESTA AVENTURA PERO A SEMANA PASADA FOI O SEU ESTREO, UN ESTREO CON GRAN ÉXITO.

EN GRUPOS DE 5 ROTARÁN SEMANALMENTE POLOS 4 AMBIENTES:

-FEDELLEIRO (Espazo Fedelleiro)

Experimentamos e fedellamos cos obxectos antigos que estamos a investigar: lavamos a roupa. moemos e peneiramos fariña, moemos café, cambiamos pilas...


-LÓXICA E ARQUITECTURA (Aula laranxa)

Traballamos con diferentes figuras xeométricas e construímos con elas


-LECTOESCRITURA E ARTE (Aula azul)

Xogamos e afondamos no mundo das letras a través do arte, modelado, na máquina de escribir...

-VIDA PRÁCTICA (Aula rosa)

Traballamos habilidades motrices, sociais, autonomía, responsabilidade, coidado do medio ambiente, corresponsabilidade... a través de actividades da vida cotiá: tendido de roupa, doblado calcetíns, traballo coas ferramentas, xogo simbólico (coidado de bebés, cociñar...)





jueves, 23 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: O SEGUNDO TELÉFONO

SEGUIMOS COA INVESTIGACIÓN, ESTA SEMANA "O PETO" PRESENTÓUNOS O TELÉFONO DE GRAHAM BELL, O SEGUNDO TELÉFONO QUE XA COMUNICABA LUGARES MÁIS ALONXADOS




PARA REPRODUCIR ESTE TELÉFONO UTILIZAMOS DOUS EMBUDOS E UN TUBO CORRUGADO, E SÍ, SE ESCOITABA MOITO MILLOR
PENSANDO E FALANDO CHEGAMOS A IDEA DE QUE ESTES TELÉFONOS NON TIÑAN NÚMEROS, ENTÓN.... CÓMO FACÍAN?
SEGUIREMOS INVESTIGANDO!
POR OUTRA BANDA, ENTRE TÓDALAS CLASES ESTAMOS A CREAR O NOSO "HIT" DO PROXECTO, AFIANZANDO A TRAVÉS DA MÚSICA TODO O TRABALLADO.

POR SE ALGUNHA OU ALGÚN CANTA NA CASA A CANCIÓN COMEZA...
"TIC, TIC, TIC... A MÁQUINA DO TEMPO"


viernes, 17 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: COMEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN POLO TELÉFONO

 A NOSA MISTERIOSA MASCOTA, O PETO, SEMPRE NOS DEIXA SORPRESAS QUE INVITAN A INVESTIGAR E PENSAR

DESPOIS DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO ESTA SEMANA ATOPÁMONOS ISTO


"O PETO" DEIXÓUNOS UNHAS IMAXES ANTIGAS E DIFERENTES OBXECTOS

ISTO LEVOUNOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE A IMAXE ERA DO PRIMEIRO TELÉFONO, "O TELETRÓFONO OU TELETRÓFONI" INVENTADO POR ANTONIO MEUCCI. 

SIMULAMOS O SISTEMA A TRAVÉS DO EXPERIMENTO DE DOUS VASOS E UNHA CORDA, E SÍ, FUNCIONABA!

POR ÚLTIMO REFLEXAMOS O TRABALLADO NO PAPEL IDENTIFICANDO E PEGANDO A VOGAL "O"

POR DETRÁS DE TÓDOLOS TRABALLOS REPRESENTAMOS O NOSO NOME 

A SEGUIR INVESTIGANDO!

POR SE VOS APETECE AQUÍ DEIXO UN VÍDEO EXPLICATIVO DA EVOLUCIÓN DO TELÉFONO PARA NEN@S

miércoles, 15 de octubre de 2025

PLURIINFANTIL

 Ao longo deste curso, nas sesións de inglés, nalgúns patios e nalgunhas horas de ámbitos, acompañaranos Isabel, a nosa auxiliar de conversa procedente de California.

Benvida, Isabel!






lunes, 13 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO COMEZA A SÚA VIAXE

 O pasado luns deu comenzo o PROXECTO deste curso cunha presentación sensorial na BiblioBn

O tic-tac do reloxo e Ramona Órbita foron as protagonistas

“Ramona” acudiu ás aulas para invitarnos ao evento


Xa na Biblio o tempo foi pasando e obxectos do pasado foron emerxendo 


Nas clases poderemos investigar: cómo se inventaron, a súa evolución, uso, etc.

Algúns deles tamén pasarán a formar parte dos nosos ambientes de aprendizaxe.

Ao día seguinte acudimos á biblio a escoller o noso obxecto a investigar.


Os elexidos foron o teléfono e a cámara de fotos

Arrincamos! Subes!

domingo, 5 de octubre de 2025

OS CONTOS, O NOSO MELLOR RECURSO


 


A través dos contos estamos a afondar en conceptos básicos a traballar durante esta estapa coma formas xeométricas, tamaños, números, cores, letras (a nosa inicial), debuxar a nosa cara... Tentamos presentalos de diferentes xeitos e apoiarnos en soportes variados.

Tamén contamos cos recunchos, que irán variando ao longo do curso e veñen a apoiar o traballo da aula con propostas manipulativas, sensoriais e pequenos retos




miércoles, 1 de octubre de 2025

AS PATRULLAS NAS RUTINAS DIARIAS

 Pouco a pouco avanzamos e somos quen de comenzar as rutinas de aula.

Para isto creamos as patrullas, cada semana elexirán a súa patrulla no panel

Tódolos días veremos que día é hoxe, que tempo vai, a estación na que estamos, limpiaremos as mesas, levaremos o compost ao patio...



As nosas rutinas coas súas cancións podedes velas nunha das pestanas superiores do blogue

martes, 16 de septiembre de 2025

PRIMEIROS DÍAS DA AULA ROSA

Levamos pouco tempo na escola pero xa estamos a facer noso este espazo, e as persoas que nos acompañan.
Nestes primeiros días o prioritario na aula é o benestar emocional dos máis pequen@s, respectar os seus ritmos, necesidades, sentimentos... para máis adiante poder avanzar noutros aspectos do desenvolvemento.
Estamos a coñecer as rutinas e os espazos, e non temos mellor ferramenta que os contos.
A través dos recunchos desenvolvemos habilidades e máis coñecemos normas e rutinas.
Xa visitamos o noso Espazo Fedelleiro para ler un conto baixo a Luz Negra, 
e despois debuxar a Leotolda coas pinturas flúor.

Tamén desfrutamos do patio e dos nov@s compañeir@s doutras aulas, que nos acompañarán neste espazo ao longo do curso.



 

viernes, 30 de mayo de 2025

Ambito Artístico Maio

As creacións libres sobre xornal con pincel e acuarelas ou témpera, así como unha creación artística grupal co Borranchobot (sesión iniciada a partir dunha sesión previa co alumnado por parte dun taller que se levou a cabo grazas a Biblioteca Creativa) foron as propostas introducidas no mes de Maio. 


lunes, 28 de abril de 2025

Ámbito Artístico Abril

Ao longo do mes de abril tiveron lugar varias propostas: mesa de luz con material non estructurado, debuxo de elementos reais e escritura do seu nome, recuncho artístico dotado de materiais variados para creacións libres, e introdución dun novo robot: Matatalab (Polos Creativos).


viernes, 28 de marzo de 2025

Ámbito Artístico Marzo

No mes de Marzo xerouse un recuncho para a presentación dun novo robot (Polos Creativos): o intelino, que se combinou con propostas de arte e acuarelas.



jueves, 27 de febrero de 2025

domingo, 26 de enero de 2025

TALLER DE ARTE: BODEGÓN PLÁTANO IOGUR

A partir da saida ao museo Abanca Fundación, fixemos un taller artístico sobre un sinxelo bodegón, creado polos nenos e nenas con algunhas das súas merendas. 
Representar graficamente tres elementos reais (mesa, iogur e plátano), dende diferentes perspectivas, traballo das proporcións, tamaño e cor. Finalmente entre todos e todas pensamos un título: “PLÁTANO IOGUR”, que rexistramos no caderno de arte. Aquí compartimos o proceso e bodegóns finais.