Mostrando entradas con la etiqueta PDI: A máquina do tempo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PDI: A máquina do tempo. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de mayo de 2026

AS NOSAS TRANSMISORAS V

 PRESENTAMOS OS ÚLTIMOS TRABALLOS DAS NOSAS AVOAS QUE VEÑEN DA MAN DE VEGA, ANTÍA E MÍA

GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR DAS PETICIÓNS DAS AULAS PARA PODER PROFUNDIZAR NO NOSO PROXECTO








miércoles, 29 de abril de 2026

VISITAMOS O MUNCYT

 ONTE VISITAMOS O "MUNCYT", NA CORUÑA, NO QUE PUIDEMOS COÑECER INVENTORAS E INVENTORES MÁIS MOITOS DESES INVENTOS DOS QUE ESTIVEMOS A INVESTIGAR NO PRIMEIRO TRIMESTRE: LAVADORAS, TELÉFONOS, CENTRALITAS, MÁQUINAS DE ESCRIBIR...

PERO SEN DÚBIDA, A ESTRELA DO MUSEO, O ANACO DE AVIÓN QUE ALÍ SE ATOPA, E QUE A TOD@S DEIXOU ABRAIADO.





miércoles, 22 de abril de 2026

AS NOSAS TRANSMISORAS IV

 CONTINUAMOS RECIBINDO TODA A SABEDORÍA DAS NOSAS AVOAS E BISAVOAS A PARTIR DAS CALES REALIZAMOS NA CLASE UN PEQUENO TRABALLO DE MESA ONDE RECOLLEMOS O MÁIS SIGNIFICATIVO DAS ACHEGAS.

GRAZAS FAMILIAS POLAS APORTACIÓNS!







miércoles, 8 de abril de 2026

AS NOSAS TRANSMISORAS III

AS NENAS E NENOS SEGUEN A PRESENTAR AS SÚAS PESCUDAS DAS AVOAS, TRANSMISORAS DE SABIDURÍA NO TEMPO, QUE TANTAS COUSAS NOS PODEN ENSINAR


ENAMORADAS DA REPOSTERÍA E DA COSTURA


MESTRAS QUE, POLAS CIRCUNSTANCIAS, NON PUIDERON EXERCER POR COIDAR DA FAMILIA


AVOAS QUE, DE NENAS, XOGABAN Á CORDA, CON PEDRAS... ONDE A IMAXINACIÓN SEMPRE ERA A PROTAGONISTA
GRAZAS FAMILIAS POR SEGUIR APORTANDO COÑECEMENTO Á ESCOLA!

 

lunes, 30 de marzo de 2026

AS NOSAS TRANSMISORAS II

 SEGUIMOS A TRABALLAR AO REDOR DAS NOSAS TRANSMISORAS, MULLERES TRABALLADORAS QUE COIDABAN DE GRANDES FAMILIAS, COIDABAN DOS RAPACES, DA HORTA, DOS ANIMAIS...





TRABALLARON EN HOSPITAIS E MÁIS DE AXUDANTAS DE FERREIRO


DE MODISTAS, CREANDO E DESEÑANDO!

GRANDES FONTES DE COÑECEMENTO DAS QUE SEGUIMOS A APRENDER.

GRAZAS FAMILIAS POLAS VOSAS ACHEGAS!

lunes, 9 de marzo de 2026

8M A TRAVÉS DAS NOSAS TRANSMISORAS

 TODO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR E  DAR VALOR AS NOSAS TRANSMISORAS, PERO ESTA SEMANA NA BIBLIO BN FACEMOS UNHA PEQUENA ENTREVISTA A ALGUNHA DELAS

PREME NA IMAXE PARA VELO TODO



jueves, 5 de marzo de 2026

AS NOSAS TRANSMISORAS I

DESPOIS DE AFONDAR, NO PRIMEIRO TRIMESTRE, NO COÑECEMENTO DE DIFERENTES INVENTOS E APARELLOS MÁIS ANTIGOS, SOLICITAMOS AS FAMILIAS INFORMACIÓN DAS AVOAS COMA FONTE DE COÑECEMENTO E TRANSMISORAS NO TEMPO.
MOITAS DESTAS AVOAS FORON USUARIAS DESES APARELLOS QUE SE NOS FAN TAN LONXANOS NO TEMPO.
A TRAVÉS DELAS COÑECEMOS O SEU USO, ADEMÁIS DE SABER COMA SE VIVÍA, A QUE SE ADICABAN, COMA ERAN OS SEUS XOGOS... 


CADA NENA OU NENO FOI PRESENTANDO O SEU TRABALLO AS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E A PARTIR DESTA PRESENTACIÓN FACIAMOS UN PEQUENO TRABALLO DE MESA ONDE FUMOS PLASMANDO: PROFESIÓNS, AFECCIÓNS, XOGOS... E MÁIS TRABALLANDO E ASOCIANDO AS LETRAS DOS NOMES DE CADA UN DELES.





 

domingo, 8 de febrero de 2026

PROXECTO A MÁQUINA DO TEMPO 2ºTRIMESTRE: AS TRANSMISORAS DO TEMPO

 DESPOIS DE INVESTIGAR AO REDOR DE OBXECTOS DO PASADO NESTE TRIMESTRE CENTRARÉMONOS NA TRANSMISIÓN ORAL DAS NOSAS MAIORES.

A TRAVÉS DELAS AFONDAREMOS NESES OBXECTOS DO PASADO, XOGOS TRADICIONAIS, VESTIMENTAS, COSTUMES... E MOITOS SABERES QUE ELAS GARDAN

E PARA ARRINCAR DUN XEITO MÁIS SIGNIFICATIVO XUNTÁMONOS NA NOSA BIBLIOTECA PARA ESCOITAR A REPRESENTACIÓN DO CONTO "O NOBELO DE NENUCA" DE IRENE ALONSO

PINCHA NA IMAXE PARA VELO


E DESPOIS COMEZARON A CHEGAR AS APORTACIÓNS DAS FAMILIAS A PARTIR DAS CALES ESTAMOS A TRABALLAR NA AULA.


MOITAS GRAZAS POLAS APORTACIÓNS!
E OS QUE AÍNDA NON O FIXERADES... ESTADES A TEMPO DE ENVIALAS


viernes, 19 de diciembre de 2025

 ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO NA AULA ROSA

Durante estas semanas ademais de coñecernos e readaptarnos ás rutinas cos cambios que se produciron, estivemos a rematar a nosa investigación sobre os teléfonos, descubrindo teléfonos de cable e tamén teléfonos que xa se podían mover dun lugar a outro da casa como os inalámbricos para chegar aos actuais teléfonos móbiles que podemos trasladar dun lugar a outro.

Seguidamente, coa axuda da mestra Paula que tivo unhas ideas xeniais, investigamos sobre a cámara de fotos. Ollamos cámaras de diferente tipo e experimentamos coa misteriosa cámara escura, coa que poidemos xogar no exterior da escola e descubrir que por ela as imaxes saen ao revés.

 Despois rexistramos a información e tamén aprendemos e comparamos as letras da palabra cámara con algunhas do noso nome ou do nome dos amigos e amigas da aula.

 Foi unha experiencia moi divertida. Gracias á profe Paula por coidarnos acompañarnos e traernos tan boas ideas.




Tamén estivemos a facer traballiños relacionados co Nadal, puxemos entre todos a árbore e nela puidemos sacar fotos que despois empregamos para as nosas postais e cámara de fotos persoal.

Decoramos boliñas de Nadal e árbores con pompóns de cores, traballando así a nosa motricidade fina e a diferenciación das cores.

 Para rematar esta festividade visitounos o Apalpador, pensamos que nos ía dar medo pero era tan divertido todo o que nos contaba que foi unha xornada super divertida.

 O último día demos remate ás celebracións coa nosa panxoliña do Reno Rodolfo e coa degustación da merenda de churros con chocolate en familia. Foi un día moi especial.

 Felices Vacacións!!



jueves, 23 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: O SEGUNDO TELÉFONO

SEGUIMOS COA INVESTIGACIÓN, ESTA SEMANA "O PETO" PRESENTÓUNOS O TELÉFONO DE GRAHAM BELL, O SEGUNDO TELÉFONO QUE XA COMUNICABA LUGARES MÁIS ALONXADOS




PARA REPRODUCIR ESTE TELÉFONO UTILIZAMOS DOUS EMBUDOS E UN TUBO CORRUGADO, E SÍ, SE ESCOITABA MOITO MILLOR
PENSANDO E FALANDO CHEGAMOS A IDEA DE QUE ESTES TELÉFONOS NON TIÑAN NÚMEROS, ENTÓN.... CÓMO FACÍAN?
SEGUIREMOS INVESTIGANDO!
POR OUTRA BANDA, ENTRE TÓDALAS CLASES ESTAMOS A CREAR O NOSO "HIT" DO PROXECTO, AFIANZANDO A TRAVÉS DA MÚSICA TODO O TRABALLADO.

POR SE ALGUNHA OU ALGÚN CANTA NA CASA A CANCIÓN COMEZA...
"TIC, TIC, TIC... A MÁQUINA DO TEMPO"


viernes, 17 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO: COMEZAMOS A NOSA INVESTIGACIÓN POLO TELÉFONO

 A NOSA MISTERIOSA MASCOTA, O PETO, SEMPRE NOS DEIXA SORPRESAS QUE INVITAN A INVESTIGAR E PENSAR

DESPOIS DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO ESTA SEMANA ATOPÁMONOS ISTO


"O PETO" DEIXÓUNOS UNHAS IMAXES ANTIGAS E DIFERENTES OBXECTOS

ISTO LEVOUNOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE A IMAXE ERA DO PRIMEIRO TELÉFONO, "O TELETRÓFONO OU TELETRÓFONI" INVENTADO POR ANTONIO MEUCCI. 

SIMULAMOS O SISTEMA A TRAVÉS DO EXPERIMENTO DE DOUS VASOS E UNHA CORDA, E SÍ, FUNCIONABA!

POR ÚLTIMO REFLEXAMOS O TRABALLADO NO PAPEL IDENTIFICANDO E PEGANDO A VOGAL "O"

POR DETRÁS DE TÓDOLOS TRABALLOS REPRESENTAMOS O NOSO NOME 

A SEGUIR INVESTIGANDO!

POR SE VOS APETECE AQUÍ DEIXO UN VÍDEO EXPLICATIVO DA EVOLUCIÓN DO TELÉFONO PARA NEN@S

lunes, 13 de octubre de 2025

A MÁQUINA DO TEMPO COMEZA A SÚA VIAXE

 O pasado luns deu comenzo o PROXECTO deste curso cunha presentación sensorial na BiblioBn

O tic-tac do reloxo e Ramona Órbita foron as protagonistas

“Ramona” acudiu ás aulas para invitarnos ao evento


Xa na Biblio o tempo foi pasando e obxectos do pasado foron emerxendo 


Nas clases poderemos investigar: cómo se inventaron, a súa evolución, uso, etc.

Algúns deles tamén pasarán a formar parte dos nosos ambientes de aprendizaxe.

Ao día seguinte acudimos á biblio a escoller o noso obxecto a investigar.


Os elexidos foron o teléfono e a cámara de fotos

Arrincamos! Subes!