PRESENTAMOS OS ÚLTIMOS TRABALLOS DAS NOSAS AVOAS QUE VEÑEN DA MAN DE VEGA, ANTÍA E MÍA
GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR DAS PETICIÓNS DAS AULAS PARA PODER PROFUNDIZAR NO NOSO PROXECTO
PRESENTAMOS OS ÚLTIMOS TRABALLOS DAS NOSAS AVOAS QUE VEÑEN DA MAN DE VEGA, ANTÍA E MÍA
GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR DAS PETICIÓNS DAS AULAS PARA PODER PROFUNDIZAR NO NOSO PROXECTO
ONTE VISITAMOS O "MUNCYT", NA CORUÑA, NO QUE PUIDEMOS COÑECER INVENTORAS E INVENTORES MÁIS MOITOS DESES INVENTOS DOS QUE ESTIVEMOS A INVESTIGAR NO PRIMEIRO TRIMESTRE: LAVADORAS, TELÉFONOS, CENTRALITAS, MÁQUINAS DE ESCRIBIR...
PERO SEN DÚBIDA, A ESTRELA DO MUSEO, O ANACO DE AVIÓN QUE ALÍ SE ATOPA, E QUE A TOD@S DEIXOU ABRAIADO.
CONTINUAMOS RECIBINDO TODA A SABEDORÍA DAS NOSAS AVOAS E BISAVOAS A PARTIR DAS CALES REALIZAMOS NA CLASE UN PEQUENO TRABALLO DE MESA ONDE RECOLLEMOS O MÁIS SIGNIFICATIVO DAS ACHEGAS.
GRAZAS FAMILIAS POLAS APORTACIÓNS!
TODO ESTE TRIMESTRE ESTAMOS A TRABALLAR E DAR VALOR AS NOSAS TRANSMISORAS, PERO ESTA SEMANA NA BIBLIO BN FACEMOS UNHA PEQUENA ENTREVISTA A ALGUNHA DELAS
PREME NA IMAXE PARA VELO TODO
CADA NENA OU NENO FOI PRESENTANDO O SEU TRABALLO AS SÚAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS E A PARTIR DESTA PRESENTACIÓN FACIAMOS UN PEQUENO TRABALLO DE MESA ONDE FUMOS PLASMANDO: PROFESIÓNS, AFECCIÓNS, XOGOS... E MÁIS TRABALLANDO E ASOCIANDO AS LETRAS DOS NOMES DE CADA UN DELES.
Hoxe contamos na escola coa presenza de Pablo Risco, oleiro de Buño, con quen puidemos experimentar co barro e facer diferentes pezas coas nosas mans
NA SEMANA NA QUE CELEBRAMOS O NACEMENTO DE ROSALÍA QUEREMOS COÑOCELA A TRAVÉS DE DIFERENTES ACTIVIDADES
NA BIBLIO COMEZAMOS CUN CALDO DE GLORIA (PREME NA IMAXE)
DESPOIS DE INVESTIGAR AO REDOR DE OBXECTOS DO PASADO NESTE TRIMESTRE CENTRARÉMONOS NA TRANSMISIÓN ORAL DAS NOSAS MAIORES.
A TRAVÉS DELAS AFONDAREMOS NESES OBXECTOS DO PASADO, XOGOS TRADICIONAIS, VESTIMENTAS, COSTUMES... E MOITOS SABERES QUE ELAS GARDAN
E PARA ARRINCAR DUN XEITO MÁIS SIGNIFICATIVO XUNTÁMONOS NA NOSA BIBLIOTECA PARA ESCOITAR A REPRESENTACIÓN DO CONTO "O NOBELO DE NENUCA" DE IRENE ALONSO
PINCHA NA IMAXE PARA VELO
CÓMO O FACEMOS?
TÓDOLOS VENRES LEVAMOS UN CONTO EN PRÉSTAMO PARA LER NA CASA
ESE PRÉSTAMO É FEITO POLAS NENAS E NENOS DUN XEITO CADA VEZ MÁIS AUTÓNOMO
1º CADA UN BUSCA A SÚA BOLSA FIXÁNDOSE NA FOTO E NOME
2º CADA NENA E NENO ESCOLLE LIBREMENTE UN LIBRO DA EXPOSICIÓN
3º BUSCAMOS O NÚMERO DO LIBRO NO NOSO REXISTRO DE NÚMEROS
(cada neno e nena conta cun rexistro individual con tódolos números dos contos ata os 30 rexistrados, e a única consigna é que non se pode repetir)
4º UNHA VEZ ATOPADO O NÚMERO POÑEN UN GOMET E SELAMOS A DATA
(co fin de saber cal levamos xa, e non repetir para a próxima vez)
5º GARDAMOS O LIBRO NA NOSA BOLSA E COLGAMOS NA NOSA PERCHA
ESPERAMOS QUE NA CASA DESFRUTEDES DA ACTIVIDADE E ENTENDADES QUE ADEMÁIS DA IMPORTANCIA DA LECTURA EN FAMILIA TAMÉN VALOREDES O SEU ESFORZO NA ESCOLLA, BÚSQUEDA DO NÚMERO, SELADO...
TRABALLANDO ASÍ A ATENCIÓN, CONTEO, NUMERCIÓN... DUN XEITO MÁIS AMENO, DIVERTIDO E CUN FIN MOTIVANTE QUE SERÁ LEVAR O CONTO PARA CASA A FIN DE SEMANA.
BOAS LECTURAS E BOA FIN DE SEMANA!
ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO NA AULA ROSA
Durante estas semanas ademais de coñecernos e readaptarnos ás rutinas cos cambios que se produciron, estivemos a rematar a nosa investigación sobre os teléfonos, descubrindo teléfonos de cable e tamén teléfonos que xa se podían mover dun lugar a outro da casa como os inalámbricos para chegar aos actuais teléfonos móbiles que podemos trasladar dun lugar a outro.
Seguidamente, coa axuda da mestra Paula que tivo unhas ideas xeniais, investigamos sobre a cámara de fotos. Ollamos cámaras de diferente tipo e experimentamos coa misteriosa cámara escura, coa que poidemos xogar no exterior da escola e descubrir que por ela as imaxes saen ao revés.
Tamén estivemos a facer traballiños relacionados co Nadal, puxemos entre todos a árbore e nela puidemos sacar fotos que despois empregamos para as nosas postais e cámara de fotos persoal.
Decoramos boliñas de Nadal e árbores con pompóns de cores, traballando así a nosa motricidade fina e a diferenciación das cores.
DENDE SETEMBRO NO COLE ESTAMOS A TRABALLAR POR AMBIENTES DE APRENDIZAXE. DESPOIS DOS RECREOS, EN GRUPOS MIXTOS, @S NEN@S ROTAN SEMANALMENTE POR ELES.
A AULA ROSA TODAVÍA NON COMEZARA NESTA AVENTURA PERO A SEMANA PASADA FOI O SEU ESTREO, UN ESTREO CON GRAN ÉXITO.
EN GRUPOS DE 5 ROTARÁN SEMANALMENTE POLOS 4 AMBIENTES:
-FEDELLEIRO (Espazo Fedelleiro)
Experimentamos e fedellamos cos obxectos antigos que estamos a investigar: lavamos a roupa. moemos e peneiramos fariña, moemos café, cambiamos pilas...
-LÓXICA E ARQUITECTURA (Aula laranxa)
Traballamos con diferentes figuras xeométricas e construímos con elas
-LECTOESCRITURA E ARTE (Aula azul)
Xogamos e afondamos no mundo das letras a través do arte, modelado, na máquina de escribir...
-VIDA PRÁCTICA (Aula rosa)
Traballamos habilidades motrices, sociais, autonomía, responsabilidade, coidado do medio ambiente, corresponsabilidade... a través de actividades da vida cotiá: tendido de roupa, doblado calcetíns, traballo coas ferramentas, xogo simbólico (coidado de bebés, cociñar...)
SEGUIMOS COA INVESTIGACIÓN, ESTA SEMANA "O PETO" PRESENTÓUNOS O TELÉFONO DE GRAHAM BELL, O SEGUNDO TELÉFONO QUE XA COMUNICABA LUGARES MÁIS ALONXADOS
A NOSA MISTERIOSA MASCOTA, O PETO, SEMPRE NOS DEIXA SORPRESAS QUE INVITAN A INVESTIGAR E PENSAR
DESPOIS DA PRESENTACIÓN DO PROXECTO ESTA SEMANA ATOPÁMONOS ISTO
"O PETO" DEIXÓUNOS UNHAS IMAXES ANTIGAS E DIFERENTES OBXECTOS
ISTO LEVOUNOS A INVESTIGAR E DESCUBRIMOS QUE A IMAXE ERA DO PRIMEIRO TELÉFONO, "O TELETRÓFONO OU TELETRÓFONI" INVENTADO POR ANTONIO MEUCCI.
SIMULAMOS O SISTEMA A TRAVÉS DO EXPERIMENTO DE DOUS VASOS E UNHA CORDA, E SÍ, FUNCIONABA!
POR ÚLTIMO REFLEXAMOS O TRABALLADO NO PAPEL IDENTIFICANDO E PEGANDO A VOGAL "O"
POR DETRÁS DE TÓDOLOS TRABALLOS REPRESENTAMOS O NOSO NOME
A SEGUIR INVESTIGANDO!
POR SE VOS APETECE AQUÍ DEIXO UN VÍDEO EXPLICATIVO DA EVOLUCIÓN DO TELÉFONO PARA NEN@S
Ao longo deste curso, nas sesións de inglés, nalgúns patios e nalgunhas horas de ámbitos, acompañaranos Isabel, a nosa auxiliar de conversa procedente de California.
Benvida, Isabel!