ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO NA AULA ROSA
Durante estas semanas ademais de coñecernos e readaptarnos ás rutinas cos cambios que se produciron, estivemos a rematar a nosa investigación sobre os teléfonos, descubrindo teléfonos de cable e tamén teléfonos que xa se podían mover dun lugar a outro da casa como os inalámbricos para chegar aos actuais teléfonos móbiles que podemos trasladar dun lugar a outro.
Seguidamente, coa axuda da mestra Paula que tivo unhas ideas xeniais, investigamos sobre a cámara de fotos. Ollamos cámaras de diferente tipo e experimentamos coa misteriosa cámara escura, coa que poidemos xogar no exterior da escola e descubrir que por ela as imaxes saen ao revés.
Tamén estivemos a facer traballiños relacionados co Nadal, puxemos entre todos a árbore e nela puidemos sacar fotos que despois empregamos para as nosas postais e cámara de fotos persoal.
Decoramos boliñas de Nadal e árbores con pompóns de cores, traballando así a nosa motricidade fina e a diferenciación das cores.
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario