Preparando O Día da Paz: Pedras no Camiño
ACHÉGASE O DÍA DA PAZ E NA ESCOLA QUEREMOS TRABALLALO DUN XEITO CONTEXTUALIZADO EN TORNO AO NOSO PROXECTO #CAMIÑANTESIHAICAMIÑO.
O CAMIÑO DE SANTIAGO REPRESENTA PARA MOITAS PERSONAS A PROCURA DA PAZ INTERIOR, DA PROCURA DO EQUILIBRIO INTERNO A PESAR DAS PEDRAS QUE NOS POIDAN APARECER NO CAMIÑO.
DEIXAR UNHA PEDRA NO CAMIÑO SUPÓN DEIXAR ATRÁS TODO O MALO.
COMA METÁFORA ESTES DÍAS NAS AULAS, NA BIBLIO E NO FEDELLEIRO, ESTAMOS A TRABALLAR CUN CONCEPTO ARTÍSTICO QUE APARECEU NOS BITS 5, O "STONE BALANCE"OU EQUILIBRIO CON PEDRAS, UN TIPO DE LAND ART, QUE PRACTICAN ARTISTAS COMA PEDRO DURÁN.
SEGUIREMOS PRACTICANDO ESTES DÍAS ATA O DÍA DA PAZ, NO QUE FAREMOS UNHA INSTALACIÓN CONXUNTA NO ESPAZO FEDELLEIRO.
Comentarios
Publicar un comentario