Entradas

Mostrando entradas de 2015

RELEVO INFORMATIVO: YAGO

Imagen
YAGO ESCOLLEU O GOLF PARA EXPLICAR NA CLASE PORQUE O SEU AVÓ COÑECEU A SEVERIANO BALLESTEROS, QUE FOI UN IMPORTANTE XOGADOR DE GOLF ESPAÑOL. NO VIDEO PODEDES VER O BEN QUE O EXPLICOU

FESTIVAL DE NADAL 2015

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER OS VIDEOS E FOTOS DO FESTIVAL DE NADAL

RELEVO INFORMATIVO: MARIO

Imagen
MARIO ELEXIU O CICLISMO PISTA PARA EXPLICAR NA CLASE AOS SEUS COMPAÑEIROS, PORQUE A ÉL E A SEU IRMÁ GÚSTALLES MOITO ANDAR NA BICI. SOUPEMOS QUE AS BICIS DE CICLISMO PISTA NON SON IGUAIS AS OUTRAS, NON TEÑEN NIN FRENOS NIN CAMBIO DE MARCHA. DESPOIS DA EXPLICACIÓN DE MARIO, COMA FACEMOS SEMPRE, VIMOS VÍDEOS DO DEPORTE EXPLICADO PARA PODER ENTENDELO MILLOR. AQUÍ TEDES O BEN QUE O EXPLICOU.

GRAFOMOTRICIDADE CREATIVA II

Imagen
SEGUIMOS A TRABALLAR A GRAFOMOTRICIDADE DUN XEITO CREATIVO E DIVERTIDO. NESTE CASO TRATÁBASE DE PEGAR UN CÍRCULO NO CENTRO E TRAZAR LIÑAS NEGRAS E RECTAS ATA O EXTREMO DA FOLLA. DESPOIS DE SECO PINTAMOS CADA SECCIÓN DUNHA COR DIFERENTE. E ASÍ DE IMPRESIONANTE QUEDOU!!

VISITA DO CARTEIRO REAL

Imagen
PINCHA NA IMAXE  PARA VER CÓMO LLE ENTREGAMOS AS CARTAS O CARTEIRO REAL

PREPARANDO O FESTIVAL

Imagen
PINCHA NA IMAXE

RECIBIMOS AS AUTORIDADES

Imagen
HOXE A BIBLIOBN RECIBIU UNHA VISITA MOI ESPECIAL PARA FELICITARNOS POLO PREMIO RECIBIDO. PINCHA NA IMAXE PARA SABER MÁIS

INAUGURAMOS O NADAL

Imagen
COMEZAMOS A SEMANA DE NADAL CUN CONTO QUE NOS CONTOU MªJOSÉ NA BIBLIOTECA.  PINCHA NA IMAXE PARA VELO

DECORANDO O NADAL

Imagen
DECORAMOS A NOSA "ÁRBORE" COS NOSOS ADORNOS DEPORTIVOS. GRAZAS AS FAMILIAS POLA COLABORACIÓN

NADAL SOLIDARIO

Imagen
A NOSA ESCOLA PARTICIPA NO NADAL SOLIDARIO DO ARTEIXO CCA CADA NENO E NENA FIXO A SÚA POSTAL QUE ESTÁ DEPOSITADA NUNHA TENDA DE ARTEIXO E SE QUEREDES RECUPERALA SÓ TEDES QUE IR ALÍ E CANXEALA POR ALIMENTOS. ANÍMATE E PARTICIPA!! SE QUERES SABER ONDE ESTÁ A TÚA PINCHA NA IMAXE

PIZZA BARRIONOVO

Imagen
O MÉRCORES FIXEMOS PIZZA NO COLE CO OUREGO QUE RECOLLIMOS NO NOSO HORTO, E QUE TIÑAMOS A SECAR. XA SECO FROTAMOS PARA OBTER O OUREGO PARA A NOSA PIZZA. DESPOIS MIRAMOS A RECEITA, QUÉ INGREDIENTES NECESITAMOS E OS PASOS. AGORA XA MANS A OBRA!  1.CORTAMOS A NOSA MINIPIZZA EN FORMA DE CÍRCULO  2. BOTAMOS TOMATE 3. MOZZARELLA 4. OUREGO 5. METEMOS NO FORNO E A NOSA PIZZA LISTA!!!

ESCULTURA NA ANTIGA GRECIA

Imagen
PARA VER O ÚLTIMO TRABALLO COA ESCULTURA NO TALLER DE ARTE PINCHA NA IMAXE

RELEVO INFORMATIVO: EIRE

Imagen
EIRE ELEXIU A ESGRIMA ENTRE OS DEPORTES OLÍMPICOS PORQUE TEN UNHA ESPADA QUE LLE REGALARON E LLE GUSTA MOITO. NOS EXPLICOU CÓMO SE XOGA E COMO É A VESTIMENTA. AQUÍ TEDES O SEU VIDEO COMPARTINDO A INFORMACIÓN NA CLASE.

ENCONTRO MUSICAL

Imagen
ESTE VENRES TIVEMOS A VISITA DE VÍCTOR CO SEU ACORDEÓN QUE NOS AGASALLOU CUNHA CANCIÓN INÉDITA PARA A NOSA ESCOLA. PINCHA NA IMAXE DA BIBLIOBN PARA VER TODAS AS FOTOS E O VÍDEO.

GAÑADORES DO II CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS!!

Imagen
ESTA SEMANA O NOSO PROXECTO DO CURSO PASADO, "PASTORIZA 101 NOMES", BAIXO A COORDINACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA, RECIBIU UN PREMIO! GRAZAS A COORDINADORA, MESTRAS, ALUMN@S  E FAMILIAS POR FACELO POSIBLE! PINCHA NA IMAXE E PARA VER MÁIS DO PROXECTO PREMIADO PINCHA NA IMAXE

PRACTICANDO DEPORTES OLÍMPICOS

Imagen
ESTA SEMANA MAR, COMPAÑEIRA DA CLASE DE 4 ANOS, COMPARTIU CON NÓS SÚA CINTA DE XIMNASIA RÍTMICA E NOS AMOSOU CÓMO UTILIZALA. MOITAS GRAZAS!                           

DÍA DA DISCAPACIDADE: COÑECEMOS OS XOGOS PARALÍMPICOS

Imagen
HOXE NA BIBLIOBN TIVEMOS UN ENCONTRO MOI ESPECIAL. INDALECIO IGLESIAS, XOGADOR PARALÍMPICO, NOS VISITOU PARA CONTARNOS SOBRE O SEU DEPORTE E AS PARAOLIMPIADAS, NAS QUE ÉL PARTICIPOU. PINCHADE NA IMAXE PARA VER TODO

TESTEMUÑA INFORMATIVA II

Imagen
ENTRA NA BIBLIOBN PINCHANDO NA IMAXE PARA VER O 2º ENCONTRO NA BIBLIOTECA NO QUE SEGUIMOS A COMPARTIR AS INFORMACIÓNS DO PROXECTO APORTADAS NAS AULAS

MEMORY DAS ÁNFORAS

Imagen
ESTES DÍAS XOGAMOS CON ESTE MEMORY ELABORADO POR CLOTI PARA A PDI NO QUE TEMOS QUE BUSCAR AS PARELLAS DAS DIFERENTES ÁNFORAS DA ANTIGA GRECIA NA QUE ESTÁN DEBUXADOS OS DEPORTES OLÍMPICOS DA ÉPOCA. MOI DIVERTIDO!

GRAFOMOTRICIDADE I

Imagen
HOXE ESTIVEMOS A TRABALLAR A GRAFOMOTRICIDADE DUN XEITO MÁIS DIVERTIDO DOS HABITUAIS SEGUINDO UN TRABALLO PUBLICADO POR JEANINNE VILLANI "GRAPHIQUES" , E QUE COÑECÍN POR MEDIO DESTE BLOGUE DE GRAFISMO CREATIVO.  O TRABALLO ESTÁ BASADO NO XOGO A TRAVÉS DAS FORMAS BÁSICAS, LIÑAS, CURVAS... NESTA PRIMEIRA EXPERIENCIA TRATÁBASE DE TRAZAR LIÑAS RECTAS A PARTIRES DUN PUNTO ESTABLECIDO ATA O REMATE DA FOLLA. E ASÍ DE BEN NOS QUEDOU...

RELEVO INFORMATIVO: IRIA

Imagen
ESTA SEMANA IRIA TROUXO A SEU DEPORTE, A NATACIÓN, NOS EXPLICOU EN QUÉ CONSISTE E QUE SEU PRIMO BRAIS VAI A NATACIÓN. AQUÍ VOS DEIXO O VIDEO.

TALLER LINGUAXE ORAL: SONS OLÍMPICOS

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER O XOGO DOS SONS OLÍMPICOS

ARTE E DEPORTE EN GRECIA: DIADUMENO

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER O FEITO NO TALLER DE ARTE COA ESCULTURA DO  DIADUMENO

E PARA OS REZAGADOS...XA QUEDA MENOS PARA ENVIAR O VÍDEO!!

Imagen
RECORADADE QUE PODEDES ENVIAR UN VIDEO O CORREO DA BIBLIOTECA (abibliobn@gmail.com) E QUE HABERÁ PREMIO. SÓ DEBEDES FACER UN PEQUENO VIDEO NO QUE, EXPLIQUEDES ALGUNHA RELACIÓN ENTRE CIENCIA E DEPORTE.  PINCHA NA IMAXE PARA VER ALGÚNS EXEMPLOS

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
DURANTE TODA A SEMANA ESTIVEMOS A TRABALLAR ESTE DÍA;  REPARTIMOS LAZOS MORADOS, TIVEMOS UN ENCONTXO NA BIBLIOBN, VISIONAMOS O VIDEO REALIZADO NO TALLER TICS, LIMOS A DIARIO CONTOS DA EXPOSICIÓN DO 25N, E POR ÚLTIMO TRABALLAMOS A ACCIÓN POÉTICA DESTA SEMANA "DI NON E PUNTO", DECORANDO O LAZO MORADO CON PAPEL CELOFÁN. PINCHA NA IMAXE PARA VER MÁIS  AQUÍ TRABALLANDO ACCIÓN POÉTICA  E AQUÍ LENDO CONTOS DA EXPOSICIÓN E LOGO TRABALLANDO CON ELES NA CLASE

RELEVO INFORMATIVO: ANXO

Imagen
ANXO COMPARTIU COS SEUS COMPAÑEIROS O SEU DEPORTE, O TENIS. EXPLICOU QUE HAI 2 XOGADORES E QUE SE TEÑEN QUE PASAR A PELOTA. TAMÉN QUE A SÚA IRMÁ XOGA AO TENIS, E PARA ISO NOS TROUXO A SÚA RAQUETA E A SÚA PELOA DE TENIS.

XOGAMOS CO NOSO Nº DE LISTA

Imagen
ESTA SEMANA XOGAMOS COS NOSOS Nº DE LISTA, IDENTIFICAMOS, ORDENAMOS, CONTAMOS, ASOCIAMOS...MOITOS CONCEPTOS CUN XOGO BEN DIVERTIDO! CADA UN DEBE IR IDENTIFICANDO O SEU Nº, E O DOS SEUS COMPAÑEIROS, E SITUARSE NO LUGAR QUE LLE CORRESPONDA, DESPOIS DE..., ANTES DE... TAMÉN FALAMOS DE QUE OS DEPORTISTAS TAMÉN DEBEN TER UN Nº OU DORSAL QUE OS IDENTIFICA

TALLER TIC: DI NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER O AUDIVISUAL DO TALLER TIC CON AIDA

ARTE NA ANTIGA GRECIA: ESCULTURA

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER O TRABALLO COA ESCULTURA NO TALLER DE ARTE CON MªJOSÉ

ARTE E DEPORTE EN GRECIA: CERÁMICAS

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER O TRABALLO COAS CERÁMICAS DA ANTIGA GRECIA

TRABALLANDO COA REALIDADE AUMENTADA

Imagen
POLAS ESCALEIRAS DO NOSO CENTRO ESTAMOS A COLOCAR AS FOTOS DOS NENOS E NENAS AO LADO DO DEPORTE OLÍMPICO ESCOLLIDO. AO ESCANEAR ESTAS FOTOS CO PROGRAMA AURASMA FACEMOS MAXIA! ESO É O QUE ELES PENSAN PERO SO É REALIDADE AUMENTADA. CANDO SE ESCANEA UNHA FOTO CON ESE PROGRAMA APARECE SOBRE ELA A FOTO DA INFORMACIÓN APORTADA POLA FAMILIA. PINCHA NA IMAXE PARA VELO

RELEVOS E MATEMÁTICAS

Imagen
ESTIMAMOS CAL DE TODAS ESTAS MEDIDAS É A MÁIS PARECIDA A UN TESTIGO REAL, PARA ISO COMPARAMOS ATA DAR CON ÉL.  COMPROBAMOS QUE É O QUE MARCA 30 CM. DESPOIS DE SABER CAL É DECIDIMOS TRABALLAR OS TAMAÑOS, O MÁIS GRANDE, O MÁIS PEQUENO, OS DO MEDIO, E DESPOIS OS ORDENAMOS DE MENOR A MAIOR. DEPOIS NO PAPEL RODEAMOS O MÁIS LONGO E O MÁIS CURTO.

AGASALLO DA BIBLIOBN: UN MAPA

Imagen
HOXE RECIBIMOS UN AGASALLO DA BIBLIOBN FALAMOS DE QUE LLES PARECE QUE É, E CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE É UN MAPA. PERO UN MAPA DE... DESPOIS DE FALAR UN RATO E VER AS IMAXES QUE TRAE CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE QUE É DE GRECIA POR UNHA IMAXE QUE SE ASEMELLA AS CERÁMICAS QUE VIRAMOS EN ARTE. SEGUIREMOS A TRABALLAR CON ÉL PARA TOPAR LUGARES SIGNIFICATIVOS DA ANTIGA GRECIA.

RELEVO INFORMATIVO: SOPHIE

Imagen
ESTA SEMANA SOPHIE TROUXO A SÚA INFORMACIÓN DEPORTIVA: O BALONCESTO SOPHIE NOS CONTOU QUE SEU PAI XOGOU A BALONCESTO CANDO ERA ESTUDANTE. FALAMOS DE CÓMO SE XOGA AO BALONCESTO, EN QUÉ CONSISTE, O Nº DE XOGADORES...

DEPORTES NA ANTIGA GRECIA: AGONES ATLÉTICOS

Imagen
DESPOIS DE TRABALLAR NA BIBLIOBN MÁIS SOBRE AS PRIMEIRAS OLIMPIADAS, E DE VER AS DIFERENTES DISCIPLINAS A TRAVÉS DAS ÁNFORAS, E ESCULTURAS ( DISCÓBOLO DE MIRÓN ), NO TALLER DE ARTE, ACUDIMOS A LIÑA DO TEMPO PARA SITUAR NELA OS AGONES ATLÉTICOS: VELOCIDADE, SALTO, LANZAMENTO DE DISCO E LANZAMENTO DE XABELINA. PRIMEIRO RECORDAMOS AS DISCIPLINAS E AS COLOCAMOS NO INICIO DA LIÑA

PRÁCTICA PSICOMOTRIZ: INSTALACIÓNS

Imagen
PINCHA NA IMAXE PARA VER CÓMO FOI A INSTALACIÓN EN PSICOMOTRICIDADE