ESTES DÍAS CHEGOU A AULA ESTA CAIXA CUNHA NOTA, ERAN RUNAS VIKINGAS. DESPOIS DE SABER QUÉ ERAN, E PARA QUÉ SERVÍAN, CLOTI PRESENTOUNOS UN XOGO DE SMART PARA APRENDER UN POUCO MÁIS DAS MESMAS.
Fai unhas semanas, a mesa de luz viaxou á nosa aula, para traballar de maneira artística con diferentes animais da prehistoria como os bisontes e os mamuts.
Hoxe, unha tribu prehistórica invadiu Barrionovo! Que bo rato pasamos e canto se esforzaron os nenos e nenas en elaborar a súa vestimenta e complementos. E aquí vos deixamos unha mostra de guapos e guapas que estaban.
Comentarios
Publicar un comentario