LUCAS TROUXO O CARNÉ DE PESCA DE SEU PAI PARA AMOSALO NA CLASE, DESCUBRIMOS QUE TEN NÚMEROS, LETRAS, DATAS... E EXPLICOU AOS SEUS COMPAÑEIROS PARA QUÉ SIRVE, E TODO O QUE TEN.
Fai unhas semanas, a mesa de luz viaxou á nosa aula, para traballar de maneira artística con diferentes animais da prehistoria como os bisontes e os mamuts.
Hoxe, unha tribu prehistórica invadiu Barrionovo! Que bo rato pasamos e canto se esforzaron os nenos e nenas en elaborar a súa vestimenta e complementos. E aquí vos deixamos unha mostra de guapos e guapas que estaban.
Comentarios
Publicar un comentario