Entradas

Ambito Artístico Maio

Imagen
As creacións libres sobre xornal con pincel e acuarelas ou témpera, así como unha creación artística grupal co Borranchobot (sesión iniciada a partir dunha sesión previa co alumnado por parte dun taller que se levou a cabo grazas a Biblioteca Creativa) foron as propostas introducidas no mes de Maio. 

Ámbito Artístico Abril

Imagen
Ao longo do mes de abril tiveron lugar varias propostas: mesa de luz con material non estructurado, debuxo de elementos reais e escritura do seu nome, recuncho artístico dotado de materiais variados para creacións libres, e introdución dun novo robot: Matatalab (Polos Creativos).

Ámbito Artístico Marzo

Imagen
No mes de Marzo xerouse un recuncho para a presentación dun novo robot (Polos Creativos): o intelino, que se combinou con propostas de arte e acuarelas.

Ámbito Artístico Febreiro

Imagen
No mes de Febreiro o ámbito centrouse en animais do mar e arte libre (con material non estructurado). 

TALLER DE ARTE: BODEGÓN PLÁTANO IOGUR

Imagen
A partir da saida ao museo Abanca Fundación, fixemos un taller artístico sobre un sinxelo bodegón, creado polos nenos e nenas con algunhas das súas merendas.  Representar graficamente tres elementos reais (mesa, iogur e plátano), dende diferentes perspectivas, traballo das proporcións, tamaño e cor. Finalmente entre todos e todas pensamos un título: “PLÁTANO IOGUR”, que rexistramos no caderno de arte. Aquí compartimos o proceso e bodegóns finais. 

Ámbito Artístico Xaneiro

Imagen
No mes de Xaneiro achegámonos a arte e a lecto-escritura da man dun único material: o xornal.  Os nenos e nenas podían buscar, recortar, pegar e decorar imaxes atopadas libremente nos xornais, con témperas sólidas e rotuladores.  Crearon historias e ata houbo alumnado que se animou a escribir e transcribir ideas propias e dos compañeiros/as.