lunes, 24 de abril de 2023

VERMES DE SEDA: DESCUBRIMENTO, OBSERVACIÓN E SEGUIMENTO

A pasada semana, ao subir do patio, os nenos e nenas da aula azul convidáronnos a ir ver unha sorpresa... uns ovos e uns vermes de seda... que nos convidaron a levar para a nosa aula para observar día a día, e irnos fixando nos cambios que neles se van producindo co paso do tempo. 

Dende a aula, informámovos que se algunha familia quere levar vermes de seda para observar na casa, pode traer unha caixa de cartón con furadiños na tapa, á escola. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario