lunes, 24 de abril de 2023

VERMES DE SEDA: DESCUBRIMENTO, OBSERVACIÓN E SEGUIMENTO

A pasada semana, ao subir do patio, os nenos e nenas da aula azul convidáronnos a ir ver unha sorpresa... uns ovos e uns vermes de seda... que nos convidaron a levar para a nosa aula para observar día a día, e irnos fixando nos cambios que neles se van producindo co paso do tempo. 

Dende a aula, informámovos que se algunha familia quere levar vermes de seda para observar na casa, pode traer unha caixa de cartón con furadiños na tapa, á escola. 

jueves, 6 de abril de 2023

COMPARTINDO INFORMACIÓN: MARÍA INVESTIGA... O LUME

Seguimos pescudando sobre a prehistoria, e nesta ocasión, María presentounos o que investigou sobre o lume: como o descubriron? que elementos naturais utilizaban para facelo? que usos facían del?


martes, 4 de abril de 2023

COMPARTINDO INFORMACIÓN: SILVIA INVESTIGA...AS FERRAMENTAS NA PREHISTORIA

Comezaron as investigacións na aula rosa... que ferramentas empregaron os prehistóricos para recolectar comida, ou para cazar? Como foron evolucionando e cambiando esas ferramentas co paso dos anos? Unha pequena mostra de como eran, como se utilizaban, e para que.