THE HAUNTED HOUSE

Despois de pasar un Samaín de medo e de facer un EncontXo de teatro de sombras baseado nun libro titulado "THE HAUNTED HOUSE", no taller de arte fixemos a nosa interpretación das ilustracións do conto.

Así, entre todos os nenos e nenas do centro elaboramos as nosas propias ilustracións dándolle volta ás sobras e aos cores.

Empezamos recordando o argumento do conto, recopilando as figuras que utilizaron no teatro de sompras e vendo qué personaxes importantes tiñamos que facer xa que non as había impresas en 3D.

Fixemos unha lista das personaxes que faltaban, contamos cantas fantasmas teríamos que facer  e experimentamos con materias como plásticos e acetatos para comprobar como poderíamos facer as nosas plantillas.

Por último ordenamos as ilustracións seguindo o argumento do conto e pintamos por riba das plantillas con axuda de rolos e esponxas.




Comentarios

Entradas populares de este blog