THE NAPPING HOUSE

Benqueridos e benqueridas,

Cóntanos Katrina que durante esta semana nas clases de inglés continuáronse a traballar as rutinas que se levarán a cabo ao inicio e final de cada sesión durante todo o curso.
Coas rutinas achegamos á aula accións e conceptos importantes xa que impregnan a realidade da lingua, son de utilidade e de uso frecuente e están relacionados coa experiencia directa e as necesidades habituais das persoas.
Esta vez tocoulle o turno ao tempo atmosférico e ao descanso.
O fío condutor para o traballo destes conceptos foron o conto The Napping House e a canción Twinkle, Twinkle, Little Star que vos deixamos a continuación.
 ENJOY!



Comentarios

Entradas populares de este blog