APROVEITAMOS OS RECURSOS DO ESPAZO FEDELLEIRO PARA FACER O TALLER DE MATES. XOGAMOS COS TANGRAM DE CORES, DE PÍXELES E REGRETAS DE MADEIRA. PASÁMOLO XENIAL REPRODUCINDO AS FIGURAS E CREANDO AS NOSAS PROPIAS.
Fai unhas semanas, a mesa de luz viaxou á nosa aula, para traballar de maneira artística con diferentes animais da prehistoria como os bisontes e os mamuts.
Hoxe, unha tribu prehistórica invadiu Barrionovo! Que bo rato pasamos e canto se esforzaron os nenos e nenas en elaborar a súa vestimenta e complementos. E aquí vos deixamos unha mostra de guapos e guapas que estaban.
Comentarios
Publicar un comentario